Unha homenaxe a non deixar de ser como somos nin de sentirnos orgullosos do noso

A Radio Galega entrevista a Miguel Conde para falar do último anuncio de Gadis, “Por Un Futuro Á Galega”.

Miguel Conde destaca o orgullosos que están na axencia BAP&Conde con esta campaña que leva máis de 10 anos poñendo o seu graniño de area para que os galegos se sintan máis orgullosos da súa terra.

¿Cómo foron os inicios das campañas de Vivamos como Galegos?

“O inicio está na nosa cotidianidade que forma parte de cada historia, nós utilizamos iso e conseguimos darlle un toque emotivo e épico a cada spot”, explica Miguel Conde que nos recorda cómo xa “na segunda campaña conquistamos Nova York enchendoó de gaiteiros, peliqueiros e cigarróns.”

Seguindo a tónica dos últimos anuncios de Gadis non é de estrañar que agora nos inviten a seguir imaxinando con ir máis alá e conquistar o espazo. ”Na campaña de Se chove, que chova xa o dicíamos: o mundo depende dos nosos soños”.



Comments are closed.